Contacto:
O Mago Gusi.
Tel.: 619 724040
Espectáculos a medida
Podemos realizar espectáculos á medida das súas necesidades.
Simplemente propóñanos a súa idea e estaremos encantados de valorala e ver a posibilidade de producir un espectáculo á medida.
¿Quen contrata ó Mago Gusi?
Nos dous últimos anos o Mago Gusi ten levado o seu espectáculo a un gran número de concellos de toda Galicia:
Allariz, Arzúa, Poboa de Brollón, Ares, Castro Caldelas, Santiago de Compostela, Ourense...
Tamén existe a posibilidade de contratalo particularmente para festas, comidas de empresas, celebracións, cumpleanos, comuñóns, despedidas de solteiro,
Os aparellos máxicos que O Mago Gusi emprega nos seus espectáculos son producidos artesanalmente nos Talleres Máxicos Arregui, en Allariz, seguindo estrictamente as especificacións de deseño do Mago.
Queremos agradecer neste espacio a toda esa xente que fai posible que o espectáculo se leve adiante, ben sexa construindo, deseñando, decorando, suxerindo, ...
O espectáculo é posible gracias ás mans máxicas de:
- J. Ramón Arregui: Construccións Máxicas.
- Carol Fernández: Deseño de escea e decoración.
- Xabier Álvarez: Deseño narracións e Locución.
- Mª Dolores Cid: Loxística de Producción.
- Patata Domarco: Producción de Son.
e tantos outros dos que non nos esquecemos e que non collerían aquí pero si no noso corazón máxico.