O Mago Gusi é producido por Altega S.L.

www.altega.com

info@altega.com

Tel.: 988 391389

Pode poñerse en contacto para solicitar información, dispoñibilidade de datos, outros espectáculos e actividades, ...

Visitar web»

 

Espectáculos a medida

Podemos realizar espectáculos á medida das súas necesidades.
Simplemente propóñanos a súa idea e estaremos encantados de valorala e ver a posibilidade de producir un espectáculo á medida.


¿Quen contrata ó Mago Gusi?

Nos dous últimos anos o Mago Gusi ten levado o seu espectáculo a un gran número de concellos de toda Galicia:
Allariz, Arzúa, Poboa de Brollón, Ares, Castro Caldelas, Santiago de Compostela, Ourense...

Tamén existe a posibilidade de contratalo particularmente para festas, comidas de empresas, celebracións, cumpleanos, comuñóns, despedidas de solteiro,

 

 

Spiral, un mundo de maxia

Spiral é a historia dun mago, o Mago Gusi, dende as primeiras ilusións máxicas ata a máis moderna maxia de preto coa última tecnoloxía de proxección de video.

Trátase dun espectáculo para toda a familia no que os espectadores serán partícipes de todo canto sucede en escena convertíndose, por momentos, en protagonistas das ilusións.

Maxia histórica, cartomaxia, maxia cómica, ... un divertido percorrido polas diversas facetas da maxia no que o público non deixa de sorprenderse e de disfrutar co que sucede, inexplicablemente, diante dos seus ollos.

O símbolo da espiral, ben coñecido dos galegos por medio dos petroglifos e as mais antigas inscripcións pétreas marca o camiño fantástico que percorreremos durante 60 minutos máxicos.

 

Hr

Ilusións para todos

O espectáculo envolve ó público dende o princio nunha atmósfera máxica na que suceden contínuamente cousas sorprendentes.

Luces que aparecen no ar e cambian inexplicablemente de lugar, caixas valeiras das que non deixan de aparecer obxectos, panos que cambian de cor e se esvaecen no ar, ...

... pero eso non é todo. Tamén verán como o ilusionista se libera de cadeas fortemente suxeitas por varios espectadores, adiviñacións imposibles de cartas escollidas polo público e incluso cómo unha destas, despois de rota, se recompón nas mans do espectador.

Para os maiores inclúe unha parte de maxia de perto e cartomaxia realizada coa mais inxeniosa tecnoloxía de video, de xeito que non se perda detalle do que sucede en escena.

O espectáculo vai ambientado con música orixinal composta especialmente para cada unha das ilusións e que acentúa os momentos mais interesantes.

Hr

O Mago Gusi

O Mago Gusi, membro fundador do Círculo Máxico Auriense presenta en Galicia o seu cuarto espectáculo logo de éxitos como "O mago sen sombreiro", "Operación Truco" e "Nadanamanga"

Autodidacta, creativo, sempre innovador e cun fino humor galego, presenta espectáculos para toda a familia nos que a participación do público é unha constante.

Main Content Inline

Hr

Ficha Técnica

  • Público: É un espectáculo familiar para todas as edades.  O espectáculo preséntase en galego e en linguaxe adecuada para pequenos e adultos.
  • Duración: 60 a 80 minutos en función da composición do público.
  • Espacio necesario: Tarima de 6 x 3 metros.
    O espectáculo pódese adaptar ó espazo do que se dispoña.
  • Conexión eléctrica: 1 toma de 220 Voltios e 3000 Watios cerca do escenario
  • Sonido: Non é necesario ( O mago leva o seu propio sistema de sonido)
  • Iluminación: Se hai luz de teatro pódese usar, en caso contrario o mago leva o seu propio sistema de iluminación.
  • Montaxe: 90 minutos antes da actuación.
  • Desmontaxe: 30 minutos despois da actuación.

Hr

Custe do espectáculo

Nun intento de ofrecer aos programadores culturais espectáculos de calidade a precios asequibles, ofrecemos Spiral a un caché ó alcance de calquera entidade.

Este espectáculo está incluido nas redes culturáis da Xunta de Galicia e pode ser cofinanciado nos circuitos CULTURA VAI e TITIRIMAXIA, polo tanto pode beneficiarse dun importante desconto.

Consúltenos caché e dispoñibilidade nos teléfonos:

988 391389 e 610 530561

 

Hr

Outros espectáculos

Se o desexa, podemos ofrecerlle tamén outros espectáculos.
Simplemente seleccione os enlaces na parte esquerda do seu navegador.

Son espectáculos que se poden presentar en calquera parte, non necesariamente teatros. Na rúa, prazas, auditorios ó aire libre, teatros, colexios, salóns. Case calquera lugar é apropiado para presentar estes espectáculos nos que a nota predominante é a maxia cómica na que interveñen contínuamente os espectadores como axudantes do mago.